Belén do Campo participa no minuto de silencio na Delegación del Gobierno en solidaridade coas vítimas e damnificados pola DANA
2024-10-31
/documents/35297/1481964/20241031_docampo_silencio_+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 31 de outubro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou no minuto de silencio na Delegación del Gobierno en solidariedade coas vítimas e damnificados pola DANA.
A delegada trasladou unha mensaxe de solidariedade coas vítimas, damnificados e familias afectadas polas intensas choivas e inundacións en Valencia e Castela a Mancha. En nome da Xunta de Galicia enviou todo o seu apoio aos afectados e agradeceu aos equipos de emerxencia e voluntarios todo o esforzo que están realizando nestes momentos tan difíciles. A representante da Administración autonómica tamén trasladou que Galicia está a completa disposición das comunidades afectadas.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 31/10/2024