A Xunta aborda co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia a importancia da colaboración dos peritos informáticos no ámbito da xustiza

Santiago de Compostela, 6 de novembro

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, abordou co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig), Fernando Suárez, e con Pilar Vila, vogal da xunta de goberno do organismo, as opcións de colaboración dos profesionais deste ámbito na administración de xustiza. Neste sentido, tratouse a posibilidade de avanzar na formación inicial e continua e a participación activa en foros de cooperación policial, en especial no que se refire ás periciais xudiciais e a análise das probas nos delitos informáticos, tendo en conta precisamente o auxe da cibercriminalidade a nivel nacional nos últimos anos. Do mesmo xeito, no encontro incidiuse na necesidade de que a administración de xustiza conte co apoio de peritos informáticos que poidan descifrar datos que poidan contribuír á resolución de determinados procedementos

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/11/2024