A Xunta destaca o traballo das entidades sociais na atención familiar e a protección da infancia
O director xeral de Infancia, Familia e Dinamización Demográfica visita o programa ‘Medrando en Familia’ que desenvolve Cáritas
Ferrol, 8 de novembro de 2024
O director xeral de Infancia, Familia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta tarde o programa ‘Medrando en Familia’ que desenvolve Cáritas Federadas en Galicia, e que está financiado pola Xunta con máis de 46.200 euros a través da orde de subvencións do IRPF. Durante a visita, o director xeral estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.
En total, a Consellería de Política Social e Igualdade destina 28 millóns de euros a subvencións a entidades sociais con cargo ao IRPF para impulsar o desenvolvemento de programas e investimentos no eido da familia, a infancia, a discapacidade, a igualdade ou a inclusión social.