A Xunta destaca o esforzo dos profesionais e familiares para promover a autonomía das persoas con dano cerebral adquirido
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na clausura da Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido no que se abordaron diferentes aspectos da atención a persoas con discapacidade e a promoción da súa autonomía en todos os ámbitos da vida.
Así, este encontro avaliou os diferentes modelos de coidados desde o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos. Neste senso, realizouse un percorrido sobre a evolución da atención ás persoas con discapacidade facendo fincapé no exercicio dos seus dereitos. Neste senso, Begoña Abeijón lembrou que é fundamental a figura dos coidadores, profesionais ou achegados, que impulsan e axudan as persoas con discapacidade a gozar dunha vida autónoma.