A Xunta destaca a importancia do programa ‘Convivindo’ orientado á resolución de conflitos no eido familiar

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica visitou as instalacións da Fundación Amigó que desenvolve este programa

A Xunta destina a este proxecto unha partida orzamentaria de 75.000 euros

A Coruña, 15 de novembro de 2024

O director xeral de Infancia, Familia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou a sede da Fundación Amigó na Coruña para facer un seguimento do traballo que realizan ao abeiro dun convenio coa Consellería de Política Social e Igualdade para a intervención familiar en caso de conflitos.

A Xunta destina 75.000 euros a este acordo coa entidade para o desenvolvemento do programa Convivindo que busca dar resposta aos problemas do eido familiar que poden acabar nunha ruptura filio-parental. Neste senso, Jacobo Rey destacou a importancia de atallar estes conflitos canto antes para evitar que a situación derive nun trauma para os máis pequenos.

A Fundación Amigó a través deste programa fomenta a resolución dos problemas ao tempo que presta asistencia e rehabilitación ás persoas, especialmente menores, en situación de vulnerabilidade. Así, o director xeral sinalou a importancia de que as Administracións públicas ofrezan recursos de prevención e sensibilización para detectar os casos conflitivos que poden supoñer a ruptura familiar e a exclusión social dos seus membros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2024