A Xunta enxalza o papel fundamental das familias na atención e coidados ás persoas con discapacidade intelectual

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no Encontro anual de familias que organiza Fademga Plena Inclusión. O obxectivo da xornada e que as familias compartan experiencias sobre a atención e coidados das persoas con discapacidade intelectual e o papel fundamental do seus achegados.

Begoña Abeijón lembrou que grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e entidades como Fademga conseguíronse grandes avances na promoción da autonomía e na calidade de vida das persoas con discapacidade. Neste senso, a directora xeral sinalou que o Executivo galego pon a disposición dos achegados e entidades todos os recursos necesarios para garantir os mellores coidados ás persoas afectadas.

Data de actualización: 16/11/2024