A Xunta pon en valor o tradicional mercado de Nadal de Aspanas que visibiliza o traballo das persoas con discapacidade intelectual

Ourense, 25 de novembro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe ao tradicional mercado de Nadal da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanas) onde puxo en valor o traballo que realizan dende a entidade.

Begoña Abeijón destacou que un ano máis este mercado permite dar visibilidade ao traballo que realizan os usuarios e profesionais da entidade. Así mesmo, a directora xeral lembro que a Xunta de Galicia mantén unha ampla rede de colaboración coas organizacións do terceiro sector para seguir impulsando a atención de calidade das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2024