O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2025 con 7,6M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno do organismo

Lugo, 28 de novembro de 2024

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo, integrado pola Xunta e a Deputación de Lugo, aprobou hoxe os orzamentos de 2025 no pleno do organismo, no que participou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. A contía ascende a 7,6 millóns de euros, cofinanciados ao 50% por ambas as administracións.

A Xunta e a Deputación luguesa colaboran no funcionamento da media ducia de parques comarcais de bombeiros que dependen do Consorcio, con sedes en Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro.

O Goberno galego mantén o seu compromiso na atención ás emerxencias en todo o territorio galego, neste caso para apoiar a actividade dos parques de bombeiros da comunidade, a través dos consorcios. Ademais, a Xunta colabora cos servizos de emerxencias dos concellos tanto no seu funcionamento como na dotación de equipamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/11/2024