A Xunta destaca o compromiso da Asociación Nuestra Señora de Chamorro coa atención á discapacidade con motivo do seu 60 aniversario
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, interveu esta tarde no Pazo da Cultura de Narón na gala celebrada con motivo da efeméride
O Goberno galego financia con 1,6 M€ 132 das 160 prazas que a entidade ten dispoñibles nos seus centros asistencial e ocupacional de O Val
Narón (A Coruña), 5 de decembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no Pazo da Cultura de Narón na gala con motivo do 60 aniversario da Asociación Nuestra Señora de Chamorro na que puxo en valor as seis décadas de traballo da entidade a prol da atención das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
Na súa intervención, Aneiros destacou o compromiso do Goberno galego coa atención e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias, destacando os 180,6 M€ que desde a Consellería de Política Social e Igualdade se destinarán a este concepto en 2025, “case un 5% máis que este ano”, subliñou.
A delegada territorial gabou o labor de traballadores e voluntarios e apelou á necesidade de colaboración entre as entidades do terceiro sector e as administracións á hora de ofrecer uns coidados especializados e adaptados ás necesidades concretas de cada persoa.
A Asociación Nuestra Señora de Chamorro atende actualmente a 145 persoas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal nas súas instalacións no Val. Dispón dun total de 160 prazas entre o centro asistencial e o centro ocupacional das que a Xunta de Galicia financia 132 a través dunha achega de 1,6 M€ este ano, que se incrementará ata os 1,7 M€ en 2025.