O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese co alcalde de Poio
2024-12-26
/documents/35297/1555137/20241226XuntanzaAlcadePoio2.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Poio, Ángel Moldes, para coñecer de primeira man as necesidades deste concello e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos. O encontro enmárcase no compromiso do Goberno galego coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron este ano o impulso de case 700 iniciativas municipais, cun investimento de 32 millóns de euros.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 26/12/2024