A Xunta destaca o traballo que se desenvolve no CAPD de Sarria para mellorar a autonomía e benestar das persoas con discapacidade

Sarria (Lugo), 2 de xaneiro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo esta mañá cos usuarios e os profesionais do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria aos que lles desexou un próspero ano novo. Begoña Abeijón destacou o traballo que se leva a cabo neste centro para mellorar a autonomía e o benestar das persoas que diariamente acoden a el.

A directora xeral trasladou o firme compromiso da Xunta de seguir traballando no 2025 en facer de Galicia un lugar no que todas as persoas poidan acceder aos servizos que precisen. Para iso, engadiu, “blindaremos un ano máis as nosas políticas de atención á discapacidade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2025