A Xunta pon en valor as actividades de envellecemento activo e saudable impulsadas desde as residencias de maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que o Executivo galego conta con diferentes programas para o benestar dos maiores

Vigo, 17 de xaneiro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, coñeceu as actividades que desenvolve a residencia Salesas de Vigo e puxo en valor estas iniciativas que fomentan o envellecemento activo e saudable dos maiores. Así, sinalou que son fundamentais para desenvolver a actividade cognitiva e previr situacións de dependencia.

Neste sentido, Antón Acevedo lembrou que o benestar dos maiores é unha prioridade para a Xunta de Galicia e fixo fincapé nos diferentes programas e iniciativas que se están desenvolvendo para mellorar a calidade de vida dos maiores. Ao respecto, sinalou o programa Benestar en balnearios ou Xuntos polo Nadal, que un ano máis completou o seu aforo.

Ademais, o director xeral lembrou que a Xunta de Galicia puxo en marcha o carné +65 para apoiar aos maiores nesta etapa das súas vidas. Esta iniciativa permite que os usuarios poidan desfrutar de descontos e vantaxes en saúde, benestar, gastronomía ou ocio. Durante a visita, tamén lle trasladou aos usuarios o compromiso da Xunta para seguir impulsando iniciativas que promovan o envellecemento saudable.

Data de actualización: 17/01/2025