A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Arbo, Horacio Gil

A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención aos maiores do concello de Arbo

Neste concello hai 40 persoas beneficiarias do Bono coidado no fogar que reciben 5.000 euros anuais para ser coidados nas súas vivendas por persoas achegadas

Arbo (Pontevedra), 25 de xaneiro de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para tratar diferentes asuntos relacionados coa atención aos maiores da localidade. No encontro, reafirmou o compromiso da Xunta para seguir mellorando a atención ás persoas que máis o precisan.

Fabiola García destacou que a Xunta de Galicia financiou a posta en marcha de dúas casas do maior, que ofrecen un servizo público atención ás persoas maiores. Ao respecto, fixo fincapé en que, a través destes recursos, os veciños deste concello gozan dunha atención diúrna totalmente gratuíta e que fomenta o envellecemento activo e saudable.

A conselleira tamén indicou que neste municipio hai 40 persoas beneficiarias do Bono coidado no fogar, unha achega anual de 5.000 euros da Xunta de Galicia para aqueles maiores que desexan ser coidados nas súas casas por unha persoa da súa contorna. Así, sinalou que a Administración autonómica, a través desta prestación, destina neste concello 200.000 euros.

Así mesmo, Fabiola García lembrou que o concello de Arbo forma parte do programa Xantar na Casa, un programa que permite aos usuarios gozar de menús sans e equilibrados cada día nas súas vivendas. En concreto, a Xunta destina a esta iniciativa neste municipio máis de 5.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/01/2025