Rueda mantén unha reunión co xefe superior de Policía de Galicia con motivo do seu recente nomeamento
Sinala a necesidade de coordinar o labor das distintas administracións para ofrecer o mellor servizo á cidadanía
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo unha reunión no seu despacho co novo xefe superior de Policía de Galicia, o comisario principal Pedro Jesús Pacheco Carrasco.
Durante esta visita institucional, con motivo da recente toma de posesión do comisario a principios de decembro, o titular do Executivo galego trasladoulle os mellores desexos no seu novo desempeño dirixindo e coordinando as actuacións dos 3.400 efectivos do Corpo Nacional de Policía en Galicia, así como o desexo de traballar conxuntamente para ofrecer o mellor servizo á cidadanía.