O presidente participou na entrega a José de Cora do Premio Diego Bernal, outorgado pola Asociación de Periodistas de Galicia

Rueda destaca a importancia do xornalismo próximo e de calidade para afastar aos extremismos

Sinala o clima de respecto e obxectividade que caracteriza aos medios de comunicación en Galicia

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia dun xornalismo próximo ao cidadán e de calidade para difundir información veraz e afastar aos extremismos.

Durante a entrega do Premio Diego Bernal, outorgado pola Asociación de Periodistas de Galicia a José de Cora, o presidente autonómico quixo homenaxear e recoñecer o labor do galardoado resaltando a súa actividade comprometida e honesta. Ademais, destacou a importancia das empresas familiares de longa tradición, “sen perder a esencia”, tamén no ámbito da comunicación.

Nesta liña, Rueda salientou que o “bo xornalismo” consiste en “ser obxectivo”, respectar á cidadanía e ofrecerlles unha información “de calidade”. No caso de Galicia, sinalou que o clima que xeran os medios de comunicación é diferente ao do resto de España, afastado da polarización e do enfrontamento, en parte grazas á importante “presenza do local”, e caracterizado polo respecto e a obxectividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2025