A Xunta analiza con CEAGA as liñas de apoio para fortalecer a automoción galega e impulsar a competitividade empresarial

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro de traballo con representantes do Clúster da Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA) e empresas do sector, co obxectivo de darlles a coñecer os instrumentos de apoio dispoñibles para facilitar a modernización, a sustentabilidade e a competitividade das empresas galegas.

A directora do Igape tamén puxo en valor o papel da Oficina Económica de Galicia, que actúa como un punto de referencia único para empresas e industrias que precisen información e asesoramento promovendo unha nova forma de relacionarse co tecido empresarial galego.

Toca Carús incidiu na aposta do goberno galego polo impulso de medidas clave para fortalecer o tecido produtivo da Comunidade, apostando pola sustentabilidade, a dixitalización e a innovación. Algo para o que, indicou, a colaboración con entidades como CEAGA permite achegar ás empresas os recursos necesarios para que Galicia siga a consolidarse como un referente na industria da automoción.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2025