Diego Calvo asiste á xura de sete novos xuíces na Coruña
2025-02-07
/documents/35297/1607993/20250207PromocionCarreiraXudicial+%2810%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 7 de febreiro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, ao acto de xura ou promesa dos sete integrantes -seis novos xuíces e unha xuíza- da 73ª promoción da carreira xudicial celebrado na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 07/02/2025