López Campos aborda co alcalde do Carballiño a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia
2025-02-19
/documents/35297/1618815/250219_Carballin%CC%83o_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, co que abordou a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia.
Ademais, o representante de Cultura do Goberno galego e o rexedor deste concello ourensán analizaron posibles colaboracións para impulsar, modernizar e facilitar a accesibilidade en diferentes entidades culturais do municipio, dentro da estratexia de melloras destas infraestruturas que está a levar a cabo a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 19/02/2025