Belén do Campo participa na marcha e posterior concentración en conmemoración co terceiro aniversario do inicio da invasión en Ucraína
2025-02-25
/documents/35297/1621421/20250224_belen_ucrania_+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 24 de febreiro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu á marcha e posterior concentración na Praza da María con motivo da conmemoración do terceiro aniversario do inicio da invasión a Ucraína, organizada pola Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-UCRAÍNA)
Durante a marcha, un forte sentimento de solidariedade e compromiso uniu aos cidadáns, que se ergueron en defensa da paz, dos dereitos humanos e da soberanía fronte á agresión. A posterior concentración na Praza de María Pita converteuse nun espazo de encontro e reflexión, onde se recordou o sufrimento e a loita do pobo ucraniano.
AGA Ucraína demostrou, unha vez máis, a súa capacidade para mobilizar a sociedade en defensa dos valores que nos unen a todos.
Data de actualización: 25/02/2025