O conselleiro de Presidencia reúnese co novo alcalde de Outes
2025-02-28
/documents/35297/1621430/20250228ReunionAlcaldeOutes+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo esta mañá unha reunión co novo alcalde de Outes, Francisco Calo. No encontro, o primeiro entre Calvo e Calo tras asumir este a Alcaldía do consistorio outiense, tiveron ocasión de analizar algunhas das principais demandas deste concello e estudar posibles vías de cooperación entre a Xunta e o municipio de cara ao futuro. Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración entre as administracións autonómica e local para garantir servizos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 28/02/2025