As aulas CeMIT de 21 concellos de Galicia acollen cursos sobre primeiros pasos en ciberseguridade

O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, sobre todo, ás persoas maiores, sobre o uso seguro da tecnoloxía e ofrecer solucións accesibles no día a día

O programa formativo desenvolverase entre os meses de marzo e xuño e a inscrición pode facerse dende o portal web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas

Santiago de Compostela, 26 marzo de 2025

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o venres 28 de marzo na Coruña un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade que se desenvolverá nas aulas CeMIT de 21 concellos de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ás persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderanse ata o mes de maio, baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Abegondo, A Caniza, A Bola, Brión, Catoria, Celanova, , Cuntis, A Fonsagrada, Eirís (A Coruña), Fisterra, Guitiriz, Leiro, O Porriño, Ortigueira, O Vicedo, Pontevedra, Ribeira, San Sadurniño, Valga, Vigo, Vimianzo.

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.

Data de actualización: 26/03/2025