A Xunta participa no acto de entrega de condecoracións ao Mérito Civil

Durante o acto entregáronse as distincións aos traballadores públicos cuxo labor exemplar contribuíu de maneira significativa ao ben común

A Coruña, 26 de marzo de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron no acto de entrega de condecoracións ao Mérito Civil, celebrado na sede da Delegación do Goberno na Coruña. Este evento recoñeceu a traxectoria e a dedicación de traballadores públicos que, a través do seu compromiso e servizo á sociedade, destacaron en diferentes ámbitos.

Durante o acto entregáronse as distincións a funcionarios públicos cuxo labor exemplar contribuíu de maneira significativa ao ben común. Estas condecoracións, outorgadas polo Goberno de España, recoñecen méritos relevantes de carácter civil, así como accións destacadas en favor da sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/03/2025