Miguel Corgos destaca a importancia da IA para garantir unha comunicación segura, transparente e que teña a ética como bandeira

O conselleiro de Facenda e Administración Pública interveu na clausura do II Foro DIRCOM Galicia

Corgos recoñece a evolución do papel dos profesionais da comunicación na toma de decisións que garantan a democracia

A Coruña, 26 marzo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a Importancia da intelixencia artificial para garantir unha comunicación segura, transparente e que teña a ética como Bandeira. Para iso lembrou que Galicia conta cunha Lei para o Desenvolvemento e o Impulso da Intelixencia Artificial pioneira, vangardista no ámbito europeo e a primeira deste tipo que se aproba nunha comunidade española, orientada a salvagardar os dereitos das persoas e mellorar a eficacia da Administración ao servizo da cidadanía, coa seguridade e a ética como bandeiras.

“É dicir, unha intelixencia artificial ao servizo das persoas e sempre supervisada polas persoas”, dixo, durante a clausura do II Foro DIRCOM Galicia e tras recordar que a nova normativa foi aprobada onte martes no Pleno da Cámara autonómica.

O papel dos profesionais da comunicación

Corgos recoñeceu ademais a evolución do papel dos profesionais da comunicación na toma de decisións que garantan a democracia e aproveitou a súa intervención para destacar e agradecer a contribución deste foro para avanzar nos retos nos que a comunicación ten un papel determinante.

Deste xeito, animou aos profesionais a seguir traballando desde o convencemento de que alí onde exerza un director de comunicación o talento e o espírito crítico, sempre necesario, farán dese espazo un lugar e unha organización mellores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/03/2025