O director xeral de Emerxencias e Interior clausura a terceira edición de Sedexpo
2025-03-28
/documents/35297/1649673/20250328DXEEIClausuraSedexpo+%284%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura do I Foro Ajdse da seguridade privada en Galicia, organizado pola Asociación de Xefes e Directores de Seguridade de España (Ajdse). O acto enmárcase na terceira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo) no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca da Fundación Semana Verde, en Silleda. O evento acolleu desde o mércores case un cento de expositores con produtos, sistemas e solucións innovadoras nestes tres sectores, así como medio cento de conferencias e simulacros e demostracións.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 28/03/2025