A Xunta aborda a situación dos recursos e programas dirixidos aos maiores que ten en marcha no concello de Arbo

Arbo (Pontevedra), 4 de abril de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, reuniuse hoxe co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para seguir avanzando en cuestións relacionadas coa atención ás persoas maiores deste municipio pontevedrés.

Este encontro dá continuidade á entrevista que o pasado mes de xaneiro mantiña a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, co rexedor. Nesa xuntanza, tratáronse temas como a situación das dúas casas do maior que están en funcionamento en Arbo, as axudas do Bono Coidado no Fogar concedidas a veciños do concello ou o funcionamento do programa Xantar na Casa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2025