Arias reúnese co alcalde de Outeiro de Rei para tratar temas de interese municipal e abordar novas colaboracións
2025-04-07
/documents/35297/1665306/070425+Outeiro+de+Rei.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 7 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, reuníronse hoxe na Delegación Territorial de Lugo para analizar temas de interese municipal que competen a ambas administracións e seguir cooperando no impulso de novos proxectos.
Arias destacou as colaboracións máis recentes, como a concesión de 36.000 euros para mellorar o parque infantil do Salete e 33.500 euros para actuacións en espazos naturais – este último conxuntamente co concello de Cospeito -. Ambas axudas foron aprobadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con cargo aos programas de apoio a entidades locais do 2024.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 07/04/2025