Javier Arias reafirma o apoio da Xunta a Aspnais nun encontro de traballo co seu presidente
Lugo, 10 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente de Aspnais, José Reigosa, na que se abordaron algunhas das iniciativas que ten en marcha a entidade.
Arias reafirmou o apoio da Xunta ao colectivo e puxo en valor “o labor fundamental que realizan día a día na inclusión das persoas con discapacidade e na atención ás familias”. Neste senso, aproveitou ademais para confirmar a súa asistencia á Festa da Familia, a tradicional xornada de convivencia que convoca Aspnais e que se celebrará nas súas instalacións o vindeiro 26 de abril.
O delegado lembrou que o Goberno galego mantén unha “estreita colaboración” co tecido social ao entender que “son precisamente as entidades sociais as que mellor coñecen as necesidades e prioridades do sector, e por iso estaremos sempre ao seu carón”.