O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Bande para abordar vías de colaboración en proxectos de interese municipal
2025-04-24
/documents/35297/1681093/240425+Reuni%C3%B3n+alcaldesa+de+Bande.+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 24 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo, trasladoulle á rexedora o compromiso do Goberno galego de traballar de xeito conxunto no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.
Departamento:
C. de Facenda e Administración Pública
Data de actualización: 24/04/2025