O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Vilar de Barrio para avaliar asuntos de interese municipal
2025-04-25
/documents/35297/1681096/250425+Reunion+alcalde+de+Vilar+de+Barrio+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 25 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio ourensán.
A xuntanza serviu para coñecer as necesidades desta localidade en cuestións relacionadas coa Administración autonómica, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 25/04/2025