Belén do Campo asiste á presentación da Memoria de Actividades da Igrexa en Galicia
A memoria recolle datos significativos do labor que a Igrexa desenvolve en múltiples ámbitos, destacando o apoio a persoas en situación de vulnerabilidade, a acción educativa, e o acompañamento espiritual e pastoral en milleiros de parroquias e comunidades
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu á presentación oficial da Memoria de Actividades da Igrexa en Galicia correspondente ao ano pasado. A delegada destacou a importante labor que a Igrexa desenvolve en múltiples ámbitos, resaltando o apoio a persoas en situación de vulnerabilidade, a acción educativa, e o acompañamento espiritual e pastoral en milleiros de parroquias e comunidades. A presentación estivo presidida polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto. Esta presentación é froito do traballo conxunto das cinco dioceses galegas que, nun exercicio de transparencia, deron conta do labor que a Igrexa católica desenvolveu na comunidade autónoma, durante o ano 2024.
A memoria tamén recolle datos significativos como o número de persoas atendidas por servizos sociais da Igrexa, a acción do voluntariado, o mantemento do patrimonio histórico relixioso, así como a actividade cultural e litúrxica desenvolvida ao longo do ano.
A Igrexa en Galicia reafirma con esta presentación o seu compromiso coa transparencia e coa rendición de contas, amosando con claridade o destino dos recursos e o impacto do seu traballo ao servizo da sociedade.