A Xunta traslada o seu apoio á Asociaciación Fonte da Virxe para seguir visibilizando a importancia da saúde mental
2025-05-20
/documents/35297/1714007/20250520+DX+Discapacidade+Asociaci%C3%B3n+Fonte+Virxe.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá en Santiago aos usuarios da Asociación Fonte da Virxe que conta cunha ampla traxectoria na visibilización da saúde mental.
O Goberno galego colabora con esta entidade a través da financiación de prazas no seu centro ocupacional e tamén a través da convocatoria de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF. Pola súa banda, a directora xeral agradeceu a dedicación e os servizos que desenvolve a Asociación Fonte da Virxe e amosou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir a impulsar novas iniciativas e programas que permitan asesorar e acompañar ás persoas con enfermidades mentais.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 20/05/2025