A Xunta e a USC asinan un convenio de colaboración para avanzar nos estudos sobre as finanzas autonómicas e a evolución das políticas públicas
2025-05-27
/documents/35297/1724990/250527_Fcdnda_FrmaCnvenio_MAC-3.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asinou hoxe un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela para avanzar nos estudos sobre as finanzas autonómicas e a evolución das políticas públicas.
O convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a USC permitirá o desenvolvemento de actividades de estudo, investigación e difusión en materia de análise económica e financeira das políticas públicas, así como avaliar a eficacia a eficiencia das mesmas, para atopar vías de optimización e poder deseñar alternativas innovadoras.
Data de actualización: 27/05/2025