O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese cos rexedores de Mondariz e Oímbra

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, e, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, reuníuse coa alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino. En ambos encontros tratáronse as principais necesidades dos respectivos concellos e exploráronse formas de levar a cabo proxectos conxuntos coa colaboración da Xunta, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2025