A Xunta destaca que Galicia é a comunidade con mellores indicadores de pobreza

A taxa AROPE situouse no 18’8% na comunidade galega segundo o último informe publicado pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza  e a Exclusión Social (EAPN)

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025

A Xunta destaca que Galicia é a comunidade con mellores indicadores de pobreza. Así o reflicte o último informe publicado onte pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) que analiza os datos correspondentes ao ano 2024.

A EAPN recalca que a taxa AROPE, que mide o risco de pobreza e exclusión social,  se situou en Galicia no 18’8%, unha cifra que se sitúa sete puntos por debaixo da rexistrada en promedio no conxunto do Estado que é dun 25,8%. Este indicador tamén revela que a comunidade galega presenta os mellores datos no que se refire á situación da infancia, que representa só o 17,5%, 17 puntos por debaixo da media estatal, que é do 34,6%.

A Xunta sinala que o risco de pobreza e exclusión social en Galicia se sitúa en mínimos históricos, tanto na poboación adulta como na infancia e adolescencia, o que reflicte tamén unha mellor situación das familias. Neste sentido, o Executivo autonómico conta con diferentes iniciativas para impulsar a inclusión social das persoas máis vulnerables, traballando man a man coas entidades sociais, unhas accións que se complementan cun orzamento de máis de 131,5 M€ este 2025 para seguir mellorando a vida das persoas que máis o precisan.

Data de actualización: 05/06/2025