A Xunta reúnese con Dano Cerebral Coruña para seguir traballando a atención e coidado das persoas con discapacidade
2025-06-06
/documents/35297/1733988/20250606+DXDiscapacidadeDanocerebralcoru%C3%B1a.JPG?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 6 de xuño de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá a sede da Asociación de Dano Cerebral Coruña para coñecer os proxectos nos que está traballando esta entidade.
Neste sentido, Begoña Abeijón lembrou que a Xunta e Dano Cerebral Coruña levan anos traballando xuntos para mellorar o día a día das persoas con dano cerebral. Deste xeito, só no último ano o Executivo galego achegou máis de 190.000 euros de axudas do IRPF para a execución de novos programas de atención e para a construción da nova residencia da entidade, ao tempo que tamén destina outros 197.000 euros para financiar unha decena de prazas no seu centro de día.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 06/06/2025