A Xunta colabora coa Asociación de Veciños do Sagrado Corazón, en Lugo, para organizar unha xornada festiva este sábado

Lugo, 26 de xuño de 2025

A Xunta colabora coa Asociación de Veciños do Sagrado Corazón para organizar actividades festivas neste barrio lucense o vindeiro sábado, 28 de xuño.  

O delegado territorial, Javier Arias, e o presidente do colectivo veciñal, Alfonso Ibias, presentaron esta mañá o programa do evento, que inclúe espectáculos musicais e numerosas actividades infantís.

O Trío Merengue actuará ás 13,00 horas e tamén animará a verbena a partir das 22,00 horas. A tarde estará adicada aos máis cativos, que dende as 17,00 horas poderán desfrutar de xogos tradicionais, pintacaras e globoflexia, entre outras propostas. 

Arias destacou o esforzo da asociación de veciños “para impulsar iniciativas coma esta, que supoñen dinamizar un barrio senlleiro da cidade”. Lembrou ademais a aposta da Xunta polo Sagrado Corazón, “con proxectos que transformarán a zona e cos que seguimos facendo cidade”, como a construción do novo centro de saúde ou o plan para desenvolver 120.000 metros cadrados de solo para acoller arredor de 1.200 vivendas de promoción pública.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2025