A delegada territorial da Xunta en Ferrol participa no acto de xura de bandeira dos mariñeiros das escolas de especialidades ‘Antonio de Escaño’ e ‘Estacion naval da Graña’

Ferrol, 27 de xuño de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á cerimonia do acto de xuramento ou promesa ante a bandeira de España dos mariñeiros do primeiro ciclo de selección de 2025 que tivo lugar na Praza de Armas da Escola Antonio de Escaño. 

O acto, no que tomaron parte numerosas autoridades, estivo presidido polo Almirante Xefe de Persoal da Armada, o almirante Alfonso Delgado Moreno.

Un total de 377 mariñeiros, pertencentes ás duas escolas de especialidades nas que están realizando a fase de formación militar, xuraron ou prometeron a bandeira de España. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2025