A delegada da Xunta en Ferrol asiste á inauguración do Camping As Cabazas

Ferrol, 7 de xullo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta tarde ás instalacións do Camping de As Cabazas en Cobas no que se celebrou un acto de inauguración despois das obras de mellora integral levadas a cabo nos últimos meses.

Aneiros aproveitou para poñer en valor a relevancia de ter recursos en Ferrol que dean resposta á crecente demanda turística que se está a producir dende hai un tempo. Asimesmo desexou sorte e éxito aos responsables da empresa que xestiona o camping.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/07/2025