Javier Arias reúnese co comunicador Fran Lorenzo para coñecer o seu proxecto “Galicia Nómada”
2025-07-31
/documents/35297/1801448/310725+reuni%C3%B3n+Fran+Lorenzo.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 31 de xullo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co comunicador Fran Lorenzo para coñecer o seu proxecto audiovisual “Galicia nómada”.
Arias felicitou ao lucense pola proxección que está a lograr con esta proposta, que acumula máis de 500 vídeos e miles de seguidores nas redes sociais e dará agora o salto á televisión con catro episodios sobre Lugo que emitirá o canal Moto ADV, dispoñible en varias plataformas.
Nas súas creacións amosa os percorridos que fai en moto, deténdose nas paisaxes, a cultura e o patrimonio que vai atopando, e achegando testemuñas das persoas que viven, traballan e coñecen cada territorio.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 31/07/2025