A Xunta colabora coa XIII Festa Normanda de Foz, que se celebrará a última fin de semana de agosto
Lugo, 31 de xullo de 2025
A Xunta de Galicia colabora coa trixésimo terceira edición da Festa Normanda de Foz, que se celebrará entre os días 28 e 31 de agosto e que hoxe presentou o seu cartel, obra do artista lucense Diego As. No acto participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias.
O delegado gabou o “interese turístico e cultural” desta festa de ambientación histórica que lembra o desembarco vikingo nas costas focenses, escena que se recreará durante a xornada principal do sábado a partir das 13,30 horas.
O profesor e escritor Pepe Peinó pronunciará o xoves o pregón inaugural. Durante os catro días o porto de Foz acollerá un mercado medieval, xogos tradicionais e infantís, ludoteca, batucadas ou malabares, entre outras propostas, como así como postos con oferta gastronómica.