A Xunta salienta a traxectoria da Fundación San Rosendo na atención e coidado das persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na tradicional peregrinación ao santuario dos Milagros

Baños de Molgas (Ourense), 1 de setembro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo hoxe en valor a dedicación e compromiso da Fundación San Rosendo coa atención ás persoas de máis idade. Fíxoo na celebración da tradicional peregrinación de maiores ao santuario dos Milagros.

Antón Acevedo sinalou que as máis de catro décadas de traxectoria da Fundación San Rosendo fan dela unha entidade de referencia no ámbito dos coidados en toda Galicia e, en especial, na provincia de Ourense.

Máis de 500 persoas, entre persoal e usuarios de diferentes centros da fundación, participaron nesta xornada de convivencia. Pola mañá, visitaron o santuario dos Milagros e, con posterioridade, asistiron a unha representación teatral a cargo de residentes no centro dos Milagros e participaron nun xantar de confraternidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2025