Arias asiste á tradicional Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, que se celebrou un ano máis co apoio da Xunta
Taboada (Lugo), 8 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu na madrugada deste luns á Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, unha cita declarada de Interese Turístico Galego que conta co apoio da Administración autonómica.
Arias puxo en valor o traballo da asociación cultural As Fachas e dos veciños e veciñas de Castelo “para manter viva esta tradición ancestral, un espectáculo único que atrae cada ano a máis visitantes pola súas vistosidade e que é xa un símbolo da identidade cultural da nosa provincia”.
Durante a xornada do domingo houbo xa diferentes actividades, como unha visita guiada polos esgrafiados da zona, unha ruta turística e cultural pola parroquia de Castelo e unha cea previa á subida ao Castro para desfrutar do espectáculo do acendido das fachas.