Sofía e Mateo foron os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia o ano pasado

O IGE publica a estatística sobre os nomes dos neonatos galegos correspondentes ao 2024

No caso dos nomes femininos, completan o podio Vega e Noa

En canto aos nenos, sobresaen tamén Martín e Leo

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025

Sofía e Mateo foron os nomes máis empregados para as nenas e nenos que naceron en Galicia durante o pasado ano 2024.

Así o sinala a estatística publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística sobre os nomes dos neonatos galegos correspondentes ao ano 2024. Nela sinálase, nunha listaxe de cincuenta nomes ordenados de maior a menor frecuencia, que os cinco máis empregados no caso dos nenos foron Mateo, Martin, Leo, Hugo e Lucas, mentres que para as nenas foron Sofía, Vega, Noa, Martina e Olivia.

En comparación co ano 2023, Mateo ocupou entón o primeiro posto dos nomes masculinos, seguido por Martín, Hugo, Leo e Enzo, atopándose Lucas no sexto lugar. No caso dos femininos, Noa foi o nome máis empregado, seguido por Sofía, Olivia, Martina e Valeria.

Os 20 nomes máis empregados en 2023 e 2024

 

NENOS

NENAS

 

2023

2024

2023

2024

1

Mateo

Mateo

Noa

Sofía

2

Martin

Martin

Sofía

Vega

3

Hugo

Leo

Olivia

Noa

4

Leo

Hugo

Martina

Martina

5

Enzo

Lucas

Valeria

Olivia

6

Lucas

Enzo

Vega

Lara

7

Gael

Gael

Lara

Lucía

8

Luca

Manuel

Mia

Mia

9

Gael

Luca

Sara

Vera

10

Antón

Roi

Vera

Valeria

11

Roi

Antón

Daniela

Carmen

12

Xoel

Marco

Gala

Lola

13

Liam

Nicolás

Lía

Lía

14

Pablo

Pablo

Valentina

Sara

15

Marco

Alex

Alma

Valentina

16

Daniel

Xoel

Carmen

Julia

17

Oliver

Liam

Lucía

Emma

18

Alex

Nico

Candela

Gala

19

Nicolás

Oliver

Emma

Daniela

20

Izan

Iago

Xiana

Alma

Outras estatísticas sobre nomes

O IGE tamén dispón na súa páxina web de información relativa aos nomes e apelidos da poboación que reside en Galicia atendendo á súa distribución municipal, concello e década de nacemento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2025