Arias aborda co alcalde de Quiroga a xestión das axudas para os afectados polos incendios e outras actuacións da Xunta no concello

Lugo, 24 de setembro de 2025.-

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, mantiveron hoxe unha xuntanza para valorar diversas actuacións da Xunta no municipio, entre elas o funcionamento da oficina de atención ás persoas damnificadas polos incendios que está operativa desde o pasado 1 de setembro.

Arias explicou que ata onte atendéronse 112 consultas presenciais e 62 telefónicas, e presentáronse 32 solicitudes de axudas; dúas delas foron para vivendas afectadas, en concreto segundas residencias, e xa están pagadas.

Así mesmo, abordaron a renovación da cuberta do pavillón polideportivo ou a mellora da eficiencia enerxética na iluminación de varias rúas, que impulsa o Concello con achegas do Goberno autonómico de 60.000 euros e 30.000 euros respectivamente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2025