Ana Ortiz mantén unha xuntanza cos responsables dos centros sociocomunitarios da área de Vigo

Vigo, 25 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este xoves unha xuntanza coas directoras e directores dos centros sociocomunitarios da área de Vigo para facer balance de actividades nas instalacións xestionadas polo Goberno galego. Os nove centros dos que a Xunta dispón en Vigo (Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario), Redondela, Baiona e O Porriño mobilizan anualmente a máis de 13.000 usuarios con preto de 400 actividades. A programación de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio dos barrios e inclúen obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2025