A Xunta participa na celebración do 15º aniversario da posta en marcha do centro de día de Rois

Rois (A Coruña), 26 de setembro de 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou na celebración do 15º aniversario do centro de día de Rois. Durante a tarde conversou cos maiores que asisten diariamente a este recurso, que conta con 40 prazas específicas de atención diúrna, e coñeceu as actividades que realizan.

Neste sentido, o xerente puxo en valor o traballo do persoal deste centro que acompaña cada día aos maiores e que contribúe a mellorar o seu benestar. Así, explicou que este recurso conta con areas específicas para o descanso e tamén para realizar actividades orientadas a previr a dependencia e o deterioro cognitivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2025