A Xunta concede unha subvención ao Pazo de Cea para o embelecemento do establecemento turístico
2025-09-29
/documents/35297/1874930/_DSC2816.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Nigrán (Pontevedra), 29 de setembro 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Pazo de Cea tras a concesión dunha axuda de 31.000 euros para actuacións de embelecemento. Segundo explicou a representante autonómica, o obxectivo desta subvención é apoiar actuacións que contribúan a coidar a imaxe, corrixir impactos paisaxísticos e impulsar un turismo máis sostible.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 29/09/2025