Manuel Pardo reúnese co presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense
2025-10-01
/documents/35297/1876445/011025++Audiencia+Presidente+ADO+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 01 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO), Manuel Tejada, ao que lle manifestou o seu recoñecemento polo labor desenvolvido a prol das persoas con especial dificultade.
Manuel Pardo trasladoulle a total colaboración do Goberno galego coas persoas con singulares dificultades e amosoulle a disposición da Xunta en pór ao seu servizo todos os recursos necesarios para que desenvolvan o seu proxecto de vida.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 01/10/2025