A conselleira do Mar, Marta Villaverde, nomeada presidenta de honra do padroado de mareantes San Miguel
2025-10-05
/documents/35297/1876457/20251005VillaverdeSanMiguelMar%C3%ADn+%281%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Marín (Pontevedra), 5 de outubro do 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, foi nomeada hoxe como Presidenta de Honra do Padroado de Mareantes de San Miguel, Patrón dos Mariñeiros. A responsable autonómica recibiu este recoñecemento xunto co novo director da Escola Naval, Tomás Clavijo, nun acto enmarcado nas celebracións con motivo desta festividade no concello de Marín e que están declaradas desde o 2010 de Interese Turístico Galego. O evento conta coa Danza de Espadas, unha danzas brancas máis importantes de Galicia, como un dos seus principais atractivos.
Data de actualización: 05/10/2025