Martina Aneiros preside a primeira comisión territorial de coordinación da delegación da Xunta en Ferrol tralo inicio do curso político
Ferrol, 9 de outubro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha nova sesión da Comisión Territorial de Coordinación da Delegación, a primeira tralo inicio do curso político. Na reunión tomaron parte os directores territoriais das distintas consellerías.
Durante o encontro de traballo que se leva a cabo periodicamente, a delegada abordou o estado de tramitación das principais actuacións que a Administración autonómica está impulsando no ámbito da Delegación, así como as distintas convocatorias de axudas que o Goberno galego ten abertas e as previstas de convocar en próximas datas.
Antes de concluír a sesión de traballo, fixáronse tamén as prioridades para o último tramo do ano coa intención de mellorar a coordinación entre os distintos departamentos autonómicos e garantir unha resposta eficaz e adaptada ás necesidades dos concellos.